CPI Virxe de Cela (Monfero): Ed. Infantil e Primaria A buxaina

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Imos ao teatro: Kafka e a boneca viaxeira

O luns,  12 de novembro o alumnado de 3º ciclo e 4º curso de educación primaria gozamos dunha  representación teatral no auditorio de Narón. Representábase a obra Kafka e a boneca viaxeira:


(Reproducción do texto explicativo de jpproducciones.com -http://jpproducciones.com/eme2-emocionarte/kafka-e-boneca-viaxeira-kafka-muneca-viajera)

Este texto baséase nunha historia real acontecida a Franz Kafka un ano antes da súa morte. Paseando por un parque de Berlín, o autor atopou unha nena que choraba desconsolada porque perdera a súa boneca. Para calmar a pequena, Kafka contoulle que a boneca marchara de viaxe, e el, convertido en carteiro, tiña unha carta que lle levaría ao día seguinte ao parque. Durante tres semanas, o escritor checo estivo escribindo e levando cartas á mociña, narrando as peripecias da extraordinaria boneca deste todos os rincóns do mundo.

Para a versión galega, Sandra Romarís,  Emilio Cao e Xocas López adaptaron o texto orixinal  de Jordi Sierra i Fabra, Premio Nacional de Literatura no 2007, teatralizado por Guillem J. Graells. Baixo a dirección de Cristina Domínguez e Fernando Bernués, o espectáculo conta cun elenco de caras moi coñecidas no teatro galego. Xosé Manuel Olveira Pico, que na montaxe interpreta a Kafka, é un dos rostros máis recoñecibles da profesión, con vinte montaxes do Centro Dramático Galego (CDG), innumerables obras de teatro e a participación en series televisivas do éxito de Mareas vivas ou o Padre Casares. Rocío González, que exerce de Elsie na obra, traballou para o Centro Dramático Galego e outras compañías galegas. Pola súa banda, Lucía Regueiro, que interpreta a Dora, traballou con Teatro do Atlántico e na serie televisiva Libro de Familia, da TVG.

Es una historia basada en un hecho real, en la que el casual y sorprendente encuentro entre Franz Kafka, ya adulto, y Elsie, una niña de apenas cinco años. Nos hablaba de la habilidad reparadora de la ficción de cómo la capacidad de fabular e imaginar es el alimento del alma humana. Kafka, a lo largo de tres semanas y veinte cartas, consiguió que la niña no solo dejara de llorar por haber perdido su muñeca, si no que comprendiera mejor el mundo y la vida que la rodeaba. Elsie, con su sonrisa maravillosa y su mirada inocente, devolvió al propio Kafka, ya a las puertas de la muerte, su confianza en la ficción para conseguir un gramo de felicidad.

Samaín 2012



Chega o Samaín e con el calacús, máxicas historias e moita diversión. Como sempre todos xuntos ímolo celebrar. Gústanche as nosas cabazas?










Moitas grazas as familias pola súa colaboración.

Benvidos a un novo curso.



Comezamos cun novo curso con moita ilusión, con gañas de aprender cousas novas, repasar o que xa sabemos e reencontrarnos cos nosos compañeiros e facer novos amigos.

 





Gozade da ledicia de convivir e de traballar en equipo.

martes, 13 de noviembre de 2012

Premios Cooperativismo no ensino 2012



O pasado luns, 11 de xuño de 2012 comunicóusenos que a clase de 1º curso de Ed. Primaria foi galardoada no certameCooperativismo no ensino 2012”, organizado polo Consello Galego de Cooperativas dependente da Consellería de Traballo e Benestar, co primeiro premio da modalidade de alumnos/as de 1.º e 2.º de educación primaria.

Neste certame valóranse as iniciativas que potencien e propicien os valores e principios que inspiran o cooperativismo, tales como a solidariedade, o espírito democrático, a participación, a actuación colectiva ou a solución de conflitos , de forma pactada.

A experiencia que nos presentamos amosa o traballo da nosa aula ao longo do curso. Nela inclúense actividades coma a edición da nosa revista (onde as apartacións das familias foron fundamentais), os talleres de educación en valores, o traballo na aula e na casa con bibliografía especifica en materia de comprensión social e valoración da diferenza e a nosa colaboración e participación activa no proxecto Monfero Solidario.


Open publication - Free publishing - More cooperacion


Co gallo deste recoñecemento participamos nas celebracións do día do cooperativismo en Galicia. Foi o día 7 de xullo, no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, no que nun día repleto de actividades fíxose entrega dos diferentes galardóns.
Foi unha experiencia inesquecible, da que participamos familias, alumnado e profesorado.
Se queredes ver máis información, imaxes e vídeos desta actividade podedes picar no seguinte enlace:


martes, 17 de enero de 2012

Semana da Paz

Logo ven a semana da Paz. ¿ Qué podemos facer entre todos?

martes, 1 de noviembre de 2011

Concurso de peóns
"POLO SAN MARTIÑO PEÓNS Ó CAMIÑO"

O día 8 de novembro todos os/as nenos/as de E.P do CPI. Virxe da Cela bailaremos os Peóns no recreo e posteriormente faremos unha exposición xunto con nenos/as de E.I de todos os peóns decorados por nós mesmos.
Se queredes coñecer máis a fondo o mundo dos peóns (trucos...) pinchade enriba dos peóns paiasos!!!!!

Calacús 2011

Grazas familias, sodes estupendas!










Menudas cabazas!

Samaín 2011





Mouchos, curuxas, sapos, bruxas e cabazas en Monfero