CPI Virxe de Cela (Monfero): Ed. Infantil e Primaria A buxaina: Imos ao teatro: Kafka e a boneca viaxeira

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Imos ao teatro: Kafka e a boneca viaxeira

O luns,  12 de novembro o alumnado de 3º ciclo e 4º curso de educación primaria gozamos dunha  representación teatral no auditorio de Narón. Representábase a obra Kafka e a boneca viaxeira:


(Reproducción do texto explicativo de jpproducciones.com -http://jpproducciones.com/eme2-emocionarte/kafka-e-boneca-viaxeira-kafka-muneca-viajera)

Este texto baséase nunha historia real acontecida a Franz Kafka un ano antes da súa morte. Paseando por un parque de Berlín, o autor atopou unha nena que choraba desconsolada porque perdera a súa boneca. Para calmar a pequena, Kafka contoulle que a boneca marchara de viaxe, e el, convertido en carteiro, tiña unha carta que lle levaría ao día seguinte ao parque. Durante tres semanas, o escritor checo estivo escribindo e levando cartas á mociña, narrando as peripecias da extraordinaria boneca deste todos os rincóns do mundo.

Para a versión galega, Sandra Romarís,  Emilio Cao e Xocas López adaptaron o texto orixinal  de Jordi Sierra i Fabra, Premio Nacional de Literatura no 2007, teatralizado por Guillem J. Graells. Baixo a dirección de Cristina Domínguez e Fernando Bernués, o espectáculo conta cun elenco de caras moi coñecidas no teatro galego. Xosé Manuel Olveira Pico, que na montaxe interpreta a Kafka, é un dos rostros máis recoñecibles da profesión, con vinte montaxes do Centro Dramático Galego (CDG), innumerables obras de teatro e a participación en series televisivas do éxito de Mareas vivas ou o Padre Casares. Rocío González, que exerce de Elsie na obra, traballou para o Centro Dramático Galego e outras compañías galegas. Pola súa banda, Lucía Regueiro, que interpreta a Dora, traballou con Teatro do Atlántico e na serie televisiva Libro de Familia, da TVG.

Es una historia basada en un hecho real, en la que el casual y sorprendente encuentro entre Franz Kafka, ya adulto, y Elsie, una niña de apenas cinco años. Nos hablaba de la habilidad reparadora de la ficción de cómo la capacidad de fabular e imaginar es el alimento del alma humana. Kafka, a lo largo de tres semanas y veinte cartas, consiguió que la niña no solo dejara de llorar por haber perdido su muñeca, si no que comprendiera mejor el mundo y la vida que la rodeaba. Elsie, con su sonrisa maravillosa y su mirada inocente, devolvió al propio Kafka, ya a las puertas de la muerte, su confianza en la ficción para conseguir un gramo de felicidad.

No hay comentarios:

Publicar un comentario