CPI Virxe de Cela (Monfero): Ed. Infantil e Primaria A buxaina: Mosteiro de Monfero: unha visita imprescindible.

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Mosteiro de Monfero: unha visita imprescindible.

Pensemos nun lugar de gran beleza, onde a natureza e o home están en total  sintonía, pois seguramente alí poderiamos atopar un mosteiro . Iso é o que acontece en Monfero, que conta cunha das xoias patrimoniais da nosa Comunidade: o “Mosteiro de Monfero”.


Coñecelo e o primeiro paso para valóralo, ao tempo que valoramos a nosa  identidade cultural.

Este é o principal obxectivo da primeira saída do novo curso escolar. O alumnado de 2º e 3º ciclo de educación primaria gozaron del e da súa fermosa e triste historia (dado que na actualidade ten perdido moito do seu esplendor) grazas a visita guiada organizada en colaboración co Concello (o cal agradecemos a súa colaboración).

Con ela puidemos trasladarnos 500 anos atrás e imaxinarnos unha vida sen comodidades, de moito traballo e esforzo colectivo. Igualmente comprendemos que a nosa paisaxe non é algo inalterable, que cambia co transcorrer dos anos influenciada polos usos e costumes dos homes e mulleres que nela conviven e que resulta imprescindible tomar conciencia do uso que dela facemos.


Si queredes podedes visualizar este vídeo de GALICIAMAXICA.EU e recordar esta estupenda visita.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario