O
pasado luns, 11 de xuño de 2012 comunicóusenos que a clase de 1º
curso de Ed. Primaria foi galardoada no certame
“Cooperativismo
no ensino 2012”, organizado
polo Consello Galego de Cooperativas dependente da Consellería de
Traballo e Benestar, co
primeiro premio da modalidade
de alumnos/as de 1.º e 2.º de educación primaria.
Neste
certame valóranse as iniciativas que potencien e propicien os
valores e principios que inspiran o cooperativismo, tales como a
solidariedade, o espírito democrático, a participación, a
actuación colectiva ou a solución de conflitos , de forma pactada.
A
experiencia que nos presentamos amosa o traballo da nosa aula ao
longo do curso. Nela inclúense actividades coma a edición da nosa
revista (onde as apartacións das familias foron fundamentais), os
talleres de educación en valores, o traballo na aula e na casa con
bibliografía especifica en materia de comprensión social e
valoración da diferenza e a nosa colaboración e participación
activa no proxecto Monfero Solidario.
Open publication - Free publishing - More cooperacion
Co gallo deste recoñecemento participamos nas celebracións do día do cooperativismo en Galicia. Foi o día 7 de xullo, no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, no que nun día repleto de actividades fíxose entrega dos diferentes galardóns.
Foi unha experiencia inesquecible, da que participamos familias, alumnado e profesorado.
Se queredes ver máis información, imaxes e vídeos desta actividade podedes picar no seguinte enlace: